publicidade hoxe

A Arzúa acolle esta fin de semana a 39ª Festa do Queixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArzúa
A-
A+

festa-queixo-arzuaDurante dúas xornadas ininterrompidas, o recinto feiral ‘Terra do Queixo’  da Arzúa convértese nun espazo de intercambio, acollendo a expositores, artesáns e profesionais do queixo. Produtos artesanais que a partir dos anos 80, e coa modernización da industria queixeira, sufriron unha mellora na calidade e produtividade, converténdose hoxe na principal actividade económica da comarca.  Unha denominación de orixe protexida, a Arzúa-Ulloa, que identifica a un produto versátil con gran potencial na cociña.

O evento gastronómico terá lugar no recinto feiral «Terra do Queixo», Arzúa, o sábado 1, de 11h a 21h, e o domingo 2, de 10h a 19h.

Festival do Queixo

O Festival do Queixo pecha a programación do seu cartel 2014 coa confirmación de Arizona Baby, Tanto nos Ten e EME DJ, que se unen aos xa confirmados: La Pegatina, The Winning Numbers, Paty Lesta & The Hits e Leilía.

O festival comeza o sábado 1 de marzo ás 21.30 h no Campo da Feira coas actuacións dos vallisoletanos Arizona Baby e os cataláns La Pegatina. Ao remate, na Praza de Galiza, terá lugar a actuación do grupo de A Guarda The Winning Numbers, gañador do  ‘Queixo Maquetón 2014’, que bateu marcas de participación con 263 bandas inscritas! Pecharase a noite coa sesión DJ de Marta Fierro -EME DJ- nese mesmo escenario.

O domingo 2 de marzo ás 13 h, na Plaza de Galiza, poderase gozar, como novidade desta 39ª edición, da Sesión Vermú a cargo de Paty Lesta & The Hits; e por la tarde, a partires das 18 h, na mesma praza, terán lugar os concertos de Tanto nos Ten e Leilía.

Para ver a programación completa pincha aquí.

27 de febreiro de 2014 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.