A área ferrolá de xuventude pon en marcha un programa para xóvenes con interese no mundo radiofónico
A concelleira de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol, Verónica Casal Míguez, presentou esta mañá o novo programa “Radioespacio. Todos por el micro” dirixido a mozos e mozas ferroláns de 16 a 30 anos. A edil ferrolá sinalou que o obxectivo desta proposta é “a xuventude adquiran habilidades comunicativas e expresivas así como fomentar o traballo colaborativo e a creatividade”.
Esta proposta gratuíta, de carácter lúdico e formativo, conta con dúas fases: a primeira que permitirá a adquisición de coñecementos vinculados ao mundo radiofónico e a linguaxe técnica, así como a visión global da radio; e a segunda parte, consiste na fase práctica, colaborativa e creativa que pretende que o alumnado aprenda habilidades que favorezan a comunicación, locución e a respiración. Casal Míguez explicou que durante a segunda fase de “Radioespacio. Todos por el micro” se creará un programa radiofónico “que pretende incentivar a responsabilidade e a capacidade de decisión da xuventude” engadiu. Así mesmo, o alumnado tamén realizará unha saída para visitar os estudos de RadioVoz onde coñecerá de primeira man o desenvolvemento de programas en directo “e se teñen a posibilidade intervir no mesmo” salientou a edil ferrolá.
Inscrición e comezo do curso
O prazo de inscrición para participar no programa estará aberto dende mañá e ata o 6 de marzo e os interesados deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol. O límite de prazas é de 12. “Radioespacio. Todos por el micro” desenvolverase do 15 de marzo ao 28 de xuño e terá lugar todos os sábados de 17:00 a 19:00 horas na Casa da Xuventude.











