A área de Xuventude de Ourense lembra o prazo para que os grupos locais opten aos espazos de ensaio do Espazo Lusquiños
A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense quere lembrar a tódalas persoas interesadas que dende o día 1 de febreiro está aberto o prazo para que os grupos locais que o desexen podan optar aos locais de ensaio dos que disporá o Espazo Lusquiños.
As solicitudes deberanse presentar a través do Rexistro Xeral do Concello, e o prazo estará aberto ata que se adxudiquen todos os espazos dispoñibles.
Tódolas persoas interesadas poden descargar os impresos de solicitude dende a páxina web do Concello ou recollelos na Concellería de Xuventude na Praza de San Martiño, 2, baixo, en horario de mañá, ou na Oficina de Atención ao Cidadán, na Praza de Santa Eufemia, baixo, en horario de mañá e tarde.











