publicidade hoxe

A área de Servizos Sociais de Touro atendeu a preto de 800 usuarios en 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Touro atendeu durante o pasado exercicio de 2013 a un total de 767 usuarios e iniciou 604 expedientes. As intervencións rexistradas durante o ano pasado foron 879, das que aínda están abertas 683. E outras 196 poden darse xa por resoltas. Estes datos son moi similares aos do exercicio de 2012, cando Servizos Sociais de Touro rexistrou actuacións sobre 789 usuarios e un total de 609 expedientes iniciados durante todo ese exercicio. O departamento do Concello de Touro rexistrou preto de 1.000 valoracións e solicitudes de actuación en 2013.

Máis do 60% dos usuarios de Servizos Sociais de Touro en 2013 conta con máis de 66 anos de idade. E ao redor dun 25% deses usuarios está entre os 36 e os 65 anos. O resto de usuarios son menores de 35 anos. Pola súa banda, tamén máis do 60 por cento dos atendidos son mulleres (472 fronte aos 295 homes). Todos estes datos despréndense do traballo desenvolvido polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Touro, que nos últimos anos reforzou a súa infraestrutura para mellorar a atención aos veciños e a súa calidade de vida. O equipo de traballo que actúa baixo a coordinación do Concello de Touro está composto por unha psicóloga social, unha traballadora social, unha auxiliar de axuda no fogar e unha auxiliar administrativa. A maior parte do servizo de axuda no fogar está externalizado a unha empresa.

Durante o pasado exercicio foron as persoas maiores as que precisaron maior atención. Máis do 60%. E un 20% das persoas atendidas contaban con algún tipo de discapacidade (215 persoas). E máis do 60% dos usuarios do Departamento de Servizos Sociais é pensionista. O equipo que integra o departamento de Servizos Sociais de Touro propón numerosas actividades e iniciativas para persoas de todas as idades, con especial atención aos maiores e aos grupos con risco de exclusión social, así como aos discapacitados. A maioría das actuacións do departamento de Servizos Sociais serviu para que os usuarios fosen derivados cara a recursos e servizos internos do Sistema de Servizos Sociais. Foron un total de 480 casos.

12 de febreiro de 2014 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.