publicidade hoxe

A área de cultura de Carral organiza unha viaxe a Extremadura e Sevilla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Carral está organizando unha viaxe de carácter cultural a diversas localidades extremeñas e a Sevilla, que terá lugar do 1 ao 4 de maio.

O prezo da viaxe é de 250 euros por persoa, e inclúe, ademais dos desprazamentos, a estancia a pensión completa en hoteis de tres e catro estrelas.

O viaxeiros, acompañados dos responsables do departamento de Cultura, visitarán as cidades de Mérida, Cáceres, Sevilla ou Almendralejo, entre outras localidades.

A persoas interesadas poden inscribirse antes do 15 de marzo na Casa da Cultura. O pagamento farase de xeito fraccionado nos meses de marzo e abril.

13 de febreiro de 2014 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.