A área de Benestar Social de Marín inicia unha campaña “Protexe o amor”
A Concellería de Benestar Social, a través do CIM, inicia unha campaña de prevención e sensibilización o día 14 de febreiro, co lema “PROTEXE O AMOR”.
A constante colaboración coa Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública no reparto de material preventivo como preservativos e material informativo e divulgativo, segue vixente neste ano 2014.
O obxectivo é fomentar o uso correcto do preservativo como medio de prevención de enfermidades de transmisión sexual e evitar a infección polo VIH/sida, pois está comprobado que é a medida máis eficaz.
O material a repartir consiste nunhas caixas de lata reutilizables con deseños de colección de varios cores, provistas con 3 preservativos.
O Concello de Marín pon a disposición da cidadanía este material de forma totalmente gratuíta nas seguintes dependencias municipais: CIM e Servizos Sociais – Finca de Briz, Biblioteca Municipal e Concello











