A antiga casa consistorial de Ordes amosa unha pancarta contra a suba do canon de SOGAMA

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrdes
A-
A+
Pancarta colgada contra Sogama en Ordes

Pancarta colgada contra Sogama en Ordes

O Concello de Ordes segue manifestando o seu desacordo e rexeitamento á suba dun 34% do canon que os municipios deberán abonarlle a SOGAMA pola recollida do seu lixo. Dende hai poucas xornadas na fachada do antigo Concello pódese ver unha pancarta co lema “Os concellos contra a suba do canon do lixo de SOGAMA”. A pancarta pódena ver non só os veciños e veciñas, senón todos os condutores ao seu paso pola N-550, a cal atravesa a vila ordense. Unha crítica que non só parte do municipio ordense senón de prácticamente a totalidade dos concellos de Galicia, incluída a Mancomunidade de Ordes que de forma unánime opúsoxe e este incremento en sesión plenaria.

2 de febreiro de 2014 | 20:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.