A animación a lectura recala de novo en Ribadumia co programa “Ler conta moito”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia ven de adherirse o programa ler conta moito, un proxecto de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

Con esta programación, a Biblioteca Municipal de Ribadumia pretende promocionar a lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir.

Dende a Concellería de Cultura e educación que dirixe Susana Fandiño xa se puxeron en marcha o pasado ano os Talleres de animación a lectura que se viñan realizando tódolas tardes dos venres na Biblioteca Municipal sita na Casa da Cultura de Ribadumia. Así, case 30 nenos de entre 3 e 10 anos participaban nesta actividade que finalizou a pasada semana.

A nova programación de dinamización lectora comezará o próximo 7 de marzo e estenderase ata o mes de maio. O prazo de inscrición para os interesados comezará o 17 de febreiro de 9:00 a 14:00 na Casa do Concello. A actividade é de balde.

LEER CONTA MOITO

Ler conta moito ofrece un conxunto de actividades para achegar a cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente. O desenvolvemento destas actividades de dinamización no ámbito da biblioteca reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas proporcionan.

8 de febreiro de 2014 | 15:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.