A alcaldesa de Mos busca en Fomento solucións para mellorar a seguridade vial en Amieirolongo
Na reunión mantida fai poucos días en Madrid entre a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, as dirixentes abordaron varios temas de interese municipal máis, a maiores da solución á autovía A-55 da que se informou recentemente. Entre ditos temas atopouse a seguridade vial na zona de Amieirolongo, parroquia de Sanguiñeda, que presenta deficiencias sobre todo no que respecta ó tránsito seguro dos peóns por este barrio mosense.
Para intentar porlle remedio ó problema, o Concello de Mos ten xa elaborado un estudio técnico municipal sobre a seguridade vial peonil no barrio de Amieirolongo, que lle foi remitido ó Misterio de Fomento, onde se atopan nestes intres estudiándoo en profundidade. Algunha das propostas plantexadas no mencionado informe consiste na construcción dun paso elevado para peóns que lles permita cruzar con seguridade a estrada Nacional 550 ó seu paso por Amieirolongo.
Durante a xuntanza mantida entre rexedora local e ministra, a primeira espúxolle amplamente a Pastor a súa preocupación pola deficiente seguridade vial en Amieirolongo, sobre todo para os transeúntes. Nidia Arévalo explicoulle á ministra a imperiosa necesidade de porlle solución á situación en Amieirolongo “visto o aumento do tránsito de peóns pola zona debido á apertura na mesma de dúas grandes superficies comerciais como son AKI e Mercadona, ademais de que xa era anteriormente un lugar moi transitado por viandantes, dado que por el transcorre un tramo do Camiño de Santiago Portugués ó seu paso polo Concello de Mos”.
Trátase tamén dunha zona, a de Amieirolongo, con moito tráfico rodado debido a que nela conflúen varias entradas e saídas da autovía, o que incrementa a perigosidade para os camiñantes, tendo en conta ademáis que, a día de hoxe non existe habilitado ningún paso de peóns nin sinalización específica que optimice a seguridade dos mesmos.
Informe técnico
O informe técnico municipal que se lle fixo chegar ó Ministerio de Fomento para que dende alí se tomen as medidas de prevención e mellora en materia de seguridade vial necesarias para a zona de Amieirolongo, ínsta ó Ministerio a buscar as solucións pertinentes para subsanar o problema.
En dito informe abórdase a situación en materia de seguridade vial dos itinerarios peonís situados no punto kilométrico 155+500 da estrada Nacional 550. En dito punto kilométrico o Ministerio de Fomento procedeu recentemente á construcción dunha rotonda que regula o tráfico de vehículos que proceden ou acceden dende a autovía A-52 á estrada N-550 que dificulta o tránsito de peóns ó presentar a zona insuficiencia de infraestruturas peonís no lugar e contorno próximo, tales coma tramos continuos e conectados entre sí de beirarrúas. E é que os tramos de beirarrúas que dende As Angustias e dende Amieirolongo discorren por ambas marxes da N-550 son desconexos ou descontinuos unha vez que chegan á mencionada rotonda e ás conexións da estrada N-550 coa autovía A-52, de maneira que non se garante o percorrido peonil, rematando na maioría dos casos en situacións de volta atrás ou de atravesamento moi perigoso a pé das saídas e entradas á autovía A-52.











