A alcaldesa de Marín reúnese coa asociación Barriada Pérez Crespo

Instante da reunión
Unha vez máis, a Asociación da Barriada de Mogor volveuse a reunir coa Alcaldesa de Marín, acompañada como adoita ser habitual cando se trata desta asociación, da veciña da zona, a concelleira de Turismo Cristina Acuña.
A reunión serviu para ver asuntos pendentes e algunhas necesidades que a barriada considera que se deberían acometer con moita brevidade.
Ademais aproveitaron para recoller o material que na reunión de setembro solicitáranlle á concelleira, para as clases de ximnasia que esta asociación imparte.
Aínda que gran parte do requirido foi acometido ou solucionado, sempre quedan algunhas solicitudes que ou ben non puideron realizarse o ano pasado, ou xurdiron nestes últimos meses. Algun fochanca ou sinal que hai que recolocar, puntos de luz ou pequenas obras.
Si que vén sendo unha queixa que se repite un ano e outro, a dos coches mal aparcados na costa de acceso á Barriada nos meses estivais, para o que piden que se incremente a presenza policial.











