A Agrupación Artística Bohemios actuará no Auditorio Municipal de Cedeira
No marco da programación cultural deseñada polo Concello de Cedeira para este mes de febreiro, a Agrupación Artística Ferrolana Bohemios ofrecerá este sábado, día 8, un concerto no Auditorio Municipal. Será a partires das oito do serán, con entradas ao prezo habitual de 2,5 euros. A formación nace a finais de 1988 e, o 18 de marzo de 1989, fai o seu debut como Rondalla, na Noite das Pepitas. En abril dese mesmo ano, e despois da boa acollida que o público lles depara, o grupo constitúese como formalmente como Agrupación Artística Ferrolana Bohemios.
A música tradicional ferrolá é o inicio do grupo e, amplo, o número de escearios de toda Galicia polos que ten pasado e interpretado as súas cancións. Na actualidade, está composta por 22 voces masculinas distribuídas en tenores primeiros, tenores segundos, barítonos e baixos, e 14 instrumentos de corda: guitarras, guitarra baixa, laúdes, bandurrias e mandolinas.











