A A.E.F. organiza a xornada de “Mercadotecnia e Comunicación Dixital para a Peme e o Autónomo”
A Asociación de Empresarios Ferrolterra organiza unha Xornada de “Mercadotecnia e Comunicación Dixital para a Peme e o Autónomo”. A xornada, de carácter gratuíto, terá lugar o xoves 27 de febreiro, a partir das 16:00 horas, na A.E.F.
Baixo este título, introducirémonos na importancia que ten para a empresa o asumir a comunicación dixital como parte da cultura organizativa. A utilidade de usar medios dixitais e redes sociais nas empresas, respondendo as preguntas ten que estar a miña empresa nas redes sociais? e en que redes sociais?
Visualizaremos exemplos relativos aos distintos sectores de actividade (campañas de mail mercadotecnia, presenza en redes sociais, outras campañas de mercadotecnia dixital).
Crear e potenciar a nosa marca persoal, aproveitado as ferramentas dixitais existentes para facer branding, e como aproveitar a marca, será outro dos aspectos que abordaremos nesta xornada. Esta actuación formativa está dirixida a empresarios, directivos, autónomos, responsables de comunicación, responsables de mercadotecnia, community managers…
Para asistir é necesaria inscrición previa no 981 333 305, máis información na web da AEF: www.empresarios-ferrolterra.org











