500 cativos do CPI Xulia Becerra Malvar de Ribadumia inícianse no Baile Deportivo
O Clube de Baile Deportivo BTroula impartirá a partir deste mércores nocións básicas de ritmo e bailes de salón entre os alumnos do CPI Xulia Becerra de Ribadumia.
As actividades, que se realizaran en horario escolar, van dirixidas a todo o alumnado do centro, dende os mais pequenos de 3 anos que cursan infantil ata os de secundaria que contan con 17 anos. Con esta iniciativa BTroula quere dar a coñecer entre os mais xoves o baile como disciplina deportiva.
Os encargados de impartir estas sesións serán o Presidente do Clube, Breogán Pérez, que conta cunha extensa experiencia e popularidade no ámbito do baile deportivo (Bailarín, Xuíz de Baile e Adestrador), xunto con algunha das profesoras.
Esta iniciativa forma parte das actividades previas a celebración do I TROFEO DE BAILE DEPORTIVO CONCELLO DE RIBADUMIA. , o CAMPIONATO GALEGO DE 10 BAILES, e o OPEN INTERNACIONAL DE BAILES LATINOS, que se celebrara o domingo 16 de Febreiro, no Pavillón Polideportivo Municipal de Ribadumia.











