40 micropemes buscarán alianzas para saír fortalecidas da situación de crise actual nas xornadas organizadas por Aemos
A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) organiza a segunda xornada de negocios da que participarán unhas 40 micropymes en busca de cooperación e de alianzas que as fortalezan fronte a unha situación de crise como a actual. O evento realizarase de novo no Hotel Talaso Atlántico de Oia, o 20 de febreiro, a partir das 09.00 horas.
Desde AEMOS valoran moi positivamente esta xornada, “os resultados obtidos o pasado ano foron altamente positivos, motivando as empresas participantes a proposta de novos foros e encontros para o intercambio de experiencias e o incremento das redes sociais”, explica Francisco Domínguez, xerentes de AEMOS.
A xornada diríxese a 40 empresas da comarca, interesadas en establecer relacións comerciais, presentar os seus produtos e servizos, intercambiar experiencias e aumentar a súa rede de contactos. “A través de sinxelas e dinámicas presentacións grupales, as empresas participantes mostrarán os seus negocios co fin de establecer alianzas comerciais e incrementar os seus cocientes de venda”, sinala Domínguez.
A xornada virará ao redor de tres eixos principais: fortalecer as redes de contacto das empresas, facilitando o networking; xerar novas oportunidades de negocio, a partir de entrevistas por intereses e atraer a empresarios doutras zonas e abrir portas a novas alianzas e investimentos.
Ademais, na mesma estarán presentes Jesús Ruiz, de Nokia B2B Manager, e Gabriel Cabana, director de Zona de Sanitas, as dúas entidades colaboradoras coa xornada. Ruiz exporá aos asistentes os modelos de aforro que posibilitan a novas Tecnoloxía da comunicación e Cabana falará dos novos modelos de retribución nas empresas.
As empresas interesadas en participar nesta xornada deberán formalizar a súa inscrición antes do 17 de febreiro póndose en contacto coa asociación no teléfono 986 49 88 20 ou acudindo ás súas instalacións sitas no CDL de Mos.











