15 anos de aprobación de Plan Xeral en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O alcalde de Lalín, José Crespo, e o concelleiro de Urbanismo, Román Rodríguez, acompañados do asesor urbanístico, Javier Bugallo, mantiveron un encontro cos medios con motivo dos 15 anos de aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, en sesión plenaria do 5 de febreiro do 1999. Román Rodríguez destacou que o Plan Xeral supuxo en Lalín un cambio de cultura urbanística, sustentado en tres piares fundamentais: no liderado político significativo do alcalde Crespo; no apoio dos técnicos e nos veciños. Indicou que “os veciños confiaron no planeamento” e fixo fincapé en que “o Plan Xeral xerou nestes quince anos moitas oportunidades para o conxunto dos cidadáns”. Bugallo, asesor urbanístico, fixo fincapé “na vocación de permanencia e flexibilidade do Plan” e na “simbiose que se xerou entre Concello e cidadán no desenvolvemento do Plan”. Pola súa parte, o alcalde de Lalín, indicou que “o feito de que o Plan Xeral posibilitase aperturar 70 rúas é exemplo do desenvolvemento exponencial que tivo Lalín, froito da xestión eficaz e con visión de futuro”. Resaltou tamén no “cambio de mentalidade” que supuxo o Plan Xeral, a actuación máis importante nos seus 24 anos á fronte da Alcaldía. “Felicitou ao pobo de Lalín porque entendeu o Plan Xeral e o aproveitou”, precisou.

5 de febreiro de 2014 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.