Zafarrancho de obras nas rúas Herminia Fariña Cobián e Pintor Virxilio Blanco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, retoma esta semana os zafarranchos de limpeza na cidade logo do remate das festas de Nadal que requeriron operativos específicos polos diversos eventos públicos que se foron celebrando na rúa.

Esta semana o zafarrancho farase nas rúas Herminia Fariña Cobián e Pintor Virxilio Blanco. A limpeza realizarase na madrugada do xoves. Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en
toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.

A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.

14 de xaneiro de 2014 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.