XXII Trofeo ría de Vigo-Gran Premio E.N. Jesús Betanzos celébrase o 1 e 2 de febreiro
O XXII Trofeo Ría de Vigo- Gran Premio E.N. Jesús Betanzos, celebrarase en augas da ría de Vigo, os días 1 e 2 de febreiro de 2014 ambos inclusive, organizado polo REAL CLUB NÁUTICO DE VIGO e en colaboración coa Federación Galega de Vela.
A regata rexerase por:
• As regras como se definen no Regulamento de Regatas a Vela RRV da ISAF 2013 – 2016 (RRV);
• Prescricións da Real Federación Española de Vela.
• O Regulamento de Competicións da FGV.
• As Regras da Clase
• As Instrucións de Regata
• Aplicarase o Apéndice P do RRV.
• Anuncio de Regata.
En caso de discrepancia entre o presente Anuncio de Regata e as Instrucións de Regata, prevalecerán estas últimas.
O XXII Ría de Vigo Copa de España- Gran Premio E.N. Jesús Betanzos Regata Clasificatoria para a Clase Internacional Vaurien, está reservado a embarcacións da Clase Vaurien cuxas tripulacións poderán participar dentro da mesma regata nas seguintes categorías:
Absoluta
Xuvenil. Deberán exhibir un círculo negro na vela de 250mm de diámetro.
Feminina. Deberán exhibir un rombo vermello na vela de 400x250mm de diámetro.
En categoría xuvenil e feminina debe haber un mínimo de oito barcos saídos.
O XXII Ría de Vigo Copa de España- Gran Premio E.N. Jesús Betanzos, é regata local para as clases Optimist, Cadete, Laser (4.7, Radial e Standar), Clase 420 e Snipe.
Para que a regata sexa válida deberá haber en cada clase, como mínimo, cinco embarcacións correctamente inscritas e saídas en todas as regatas celebradas.
Só poderán participar neste trofeo aqueles barcos e adestradores que teñan Licenza Federativa do ano en curso.











