Xornada de recollida de plásticos agrícolas en Sober o 22 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober organiza unha xornada de recollida de plásticos agrícolas para o próximo mércores 22 de xaneiro. O servizo será totalmente gratuíto para os agricultores.

O Goberno local leva a cabo esta actuación para contribuír ao coidado do medio ambiente ao eliminar de xeito eficiente o gran volume de plásticos que se acumula nas distintas explotacións da localidade.

Recoméndase aos agricultores que leven os plásticos debidamente atados aos lugares de recollida para que sexan facilmente manexables.

Os puntos de recollida e horarios estimados son os seguintes:

09:00 horas, Casa Escola de Neiras

09:20 horas, lugar de Suiglesia (Neiras)

09:45 horas, lugar de Gundivós o Vello

10:00 horas,  lugar de A Carboeira(Gundivós)

10:30 horas, Praza de Mer (Proendos)

11:00 horas, lugar de O Campo (Bulso)

11:30 horas, rotonda de As Gándaras (Pinol)

11:45 horas, Praza de Sampil (Pinol)

12:15 horas, Praza de Doade.

O Concello de Sober agradece de antemán a colaboración dos veciños e veciñas aos que invita a desfacerse dos plásticos que xa non utilicen para as labores agrícolas.

16 de xaneiro de 2014 | 12:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.