Xa están á venda os abonos e as entradas para a Copa de España co Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal estará por undécima tempada consecutiva, todas desde o seu ascenso á Primeira División, entre os 8 equipos aspirantes a alzarse coa Copa de España que se celebrará en Logroño do 13 ao 16 de Marzo. Os abonos e entradas xa están á venda a través da páxina web da LNFS e desde hoxe mesmo tamén poderán adquirirse a través do club, acudindo ás oficinas do Santiago Futsal no Multiusos Fontes do Sar, chamando ao 981 11 50 38 ou mandando un correo electrónico a administracion@santiagofutsal.com.

Como particular novidade, este ano o aforamento estará numerado e a compra do abono ou entrada leva a asignación dunha butaca. Por iso, desde a LNFS decidiuse agrupar ás afeccións da seguinte maneira en o  pavillón:

Bancada Preferente Baixa IMPAR: Santiago Futsal, Elpozo Murcia, FC Barcelona Alusport e Magna Navarra.

Bancada Preferente Baixa PAR: Inter Movistar, Marfil Santa Coloma, Ríos Renovables e Montesinos Jumilla.

O club adquiriu 50 abonos para vender entre os seus abonados, polo que rogamos aos afeccionados interesados en adquirir o seu abono acudan canto antes polas oficinas a realizar o pago dos mesmos.

Pola súa banda, o prazo para reservar entradas finaliza o 10 de Febreiro. Os prezos dos abonos e entradas, incluídos os gastos de xestión, son os seguintes:

Abonos

Abono Xeral: 35,50€

Abono Infantil (até 12 anos): 10,50€

Entradas

Cuartos de final (Xoves e Venres)

Adulto: 12,50€

Infantil (Até 12 anos): 5,50€

Semifinal e Final (Sábado e Domingo)

Adulto: 15,50€

Infantil: 5,50€

14 de xaneiro de 2014 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.