publicidade hoxe

X Xuntanza Invernal de Motos en Ponteceso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPonteceso
A-
A+

x-xuntanza-invernal-pontecesoO vindeiro sábado 8 de Febreiro terá lugar no municipio de Ponteceso, no Campo da Feira A Trabe, a X Xuntanza Invernal de Motos organizada por Motoclub Costa da Morte. Os amantes do mundo do motor gozarán dunha gran xornada na que as motos se converterán nas grandes protagonistas. O prezo da inscrición será de 15 euros por persoa e inclúe “caña e chocolate de benvida”, degustación de petiscos, un obsequio invernal, cea na noite do sábado e almorzo na xornada dominical.

Ademais, a partir das 18.00 horas comezará unha gran festa pop-rock  coas actuacións dos grupos The Gentleman Band e Not Only Shills e xa entrada a noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Aché. A zona de concentración estará animada durante todo o día por unha discoteca móbil.

Todas as persoas interesadas en asistir á concentración poderán realizar a súa preinscrición desde o luns 3 ao mércores 5 de Febreiro a través do teléfono 638 300 085. Prazas limitadas a 120 persoas.

15 de xaneiro de 2014 | 12:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.