Visita institucional da Unión Internacional de Traballadores da Alimentación a Anfaco-Cecopesca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVigo
A-
A+

Mañá xoves, 23 de xaneiro de 2014, unha delegación da Unión Internacional de Traballadores da Alimentación (IUF-UITA) e da Federación de Industria e dos Traballadores Agrarios da Unión Xeral de Traballadores (FITAG-UXT) realizará unha visita institucional a ANFACO-CECOPESCA co fin de analizar a dimensión social e económica do sector transformador de produtos do mar a nivel nacional e internacional.

Por iso, e como continuación á firma da Declaración Conxunta que IUF-UITA, FITAG-UXT e ANFACO-CECOPESCA asinaron no ano 2011, co fin de coidar as relacións laborais do sector a nivel mundial, Juan M. Vieites Baptista de Sousa, Secretario Xeral de ANFACO-CECOPESCA, manterá unha reunión con Ron Oswald, Secretario Xeral da IUF-UITA; Liz Blackshaw, encargada do programa de Pesqueiras ITF/UITA; e Kirill Buketov, da oficina internacional da IUF-UITA, quen virán acompañados por Antonio Deusa, Secretario Xeral de FITAG-UXT, e Sebastián Serena, Secretario do Sector de Alimentación, Bebidas e Tabaco de FITAG-UXT.

É de destacar que no marco da visita institucional porase de manifesto por parte de ANFACO-CECOPESCA, como o sector transformador e conserveiro de produtos do mar español e comunitario garante elevados estándares sociais para os seus traballadores a nivel de negociación colectiva, condicións laborais e de seguridade no traballo, entre outros aspectos, así como elevados niveis de emprego, maiormente situados en zonas especialmente dependentes da pesca, debendo ser este o modelo social que a Comisión Europea debería requirir para a comercialización de produtos de terceiros países no mercado comunitario, cuestión que se debaterá cos representantes de UITA e FITAG-UXT.

Sobre a IUF-UITA

International Union of Food Workers – Unión Internacional de Traballadores da Alimentación (IUF-UITA) é unha federación internacional de sindicatos, fundada en 1920, que representa aos traballadores empregados en agricultura e plantacións, a preparación e fabricación de alimentos e bebidas, hoteis, restaurantes e servizos de catering, así como todas as etapas do procesamiento do tabaco. A IUF-UITA está composta actualmente por 394 sindicatos en 126 países que representan a máis de 12 millóns de traballadores. Ten a súa sede en Xenebra, Suíza.

A Unión Internacional de Traballadores da Alimentación (IUF-UITA) e a Federación Internacional de Traballadores do Transporte (ITF) colaboran nun programa conxunto “From catches to counter” que busca combater a falta de regulamentación, os niveis baixos de actividade sindical e a pesca ilegal.

O programa dirixido á industria pesqueira na súa totalidade ten como obxectivos: reforzar o papel dos sindicatos, establecer condicións estándar a través de todas as multinacionais, traballar para mellorar os termos e condicións, garantir as condicións dos traballadores/as, pór aos traballadores/as no centro da campaña e establecer un proceso para eliminar a pesca ilegal, non declarada e non reglamentada.

22 de xaneiro de 2014 | 12:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.