Visita do Azkar Lugo a Aspnais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O pasado venres, o Xerente da Fundación Azkar, Iván Pico, e o adestrador do primeiro equipo do Azkar Lugo FS, Diego Ríos, visitaron aos membros da asociación lucense ASPNAIS (Asociación de pais ou titores de persoas con discapacidade intelectual Lugo) e así durante a tarde puideron coñecer as instalacións do centro ocupacional número 2 da capital lucense.

Alí o Xerente da Fundación Azkar realizou unha charla con todos os membros a preto de hábitos saudables, a necesidade de realizar deporte con todos os beneficios que iso conleva e fíxoo a través dunha presentación audiovisual que finalizou coas preguntas ao técnico do primeiro equipo do Azkar Lugo, Diego Ríos, que ademais contestou a todas a cuestións que se realizaron.

A visita finalizou coa entrega de diferentes agasallos a todos os participantes. Ademais cos técnicos e membros directivos de ASPNAIS traballarase en próximas datas para poder realizar a visita de todo o plantel do primeiro equipo para ademais participar en actividades deportivas e compartir talleres cos membros da asociación.

27 de xaneiro de 2014 | 12:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.