Vilagarcía acometerá a limpeza da avenida Rosalía de Castro e as rúas de San Xosé e Trabanca Sardiñeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Rematado o período festivo de Nadal, o Concello retoma a semana que ven a campaña intensiva de limpeza de rúas posta en marcha en novembro. Entre o mércores 15 e o venres 17 de xaneiro persoal municipal e da concesionaria de limpeza encargaranse asear as beirarrúas, calzadas e contedores de lixo da Avenida Rosalía de Castro e rúas do barrio de San Xosé e Trabanca Sardiñeira.

Para esta nova fase da campaña de limpeza seguirase o mesmo método que ata o de agora. O persoal municipal comezará a traballar a man a partir do luns e tras esta avanzadilla, o mércores, xoves e venres, seguiranos as máquinas de Cespa para a limpeza en profundidade. Para que os traballos dean o mellor resultado e non se atrasen será preciso que os estacionamentos das rúas afectadas queden libres antes de que empecen as labores de limpeza, para o cal se volve a pregar a colaboración dos condutores.

A limpeza coas máquinas comezará o mércores. De 7 a 10 da mañá acometerase a limpeza do tramo da avenida Rosalía de Castro comprendido entre o cruce do Ramal e o final do parque da Compostela, así como a rúa Concha. Entre as 10 e as 13 horas, os traballos desenvolveranse polas rúas San Xosé, Concepción Arenal, caleixón de Caneda e a travesía da praia da Concha.

Tamén en dúas fases desenvolveranse os traballos o xoves. A partir das 7 da mañá procederase á limpeza do lado dos números pares da avenida Rosalía de Castro entre o parque da Compostela e a confluenza coa Avenida Nosa Señora dos Anxos. Tamén nesta fase limparase o traxecto de Nosa Señora dos Anxos comprendido entre a confluencia Rosalía de Castro e a vía do ferrocarril. Estes traballos está previsto que rematen sobre as 10 da mañá, hora á que se comezará a segunda fase da xornada e que afectará á beira de números impares da avenida Rosalía de Castro que vai entre a confluenza da rúa san Andrés coa travesía do Parque da Compostela. Os traballos tamén afectarán a todas as travesías situadas neste lado da rúa e que dan ao paseo marítimo.

Por últomo, o venres, entre as 7 e as 10 os traballos desprazaranse ao tramo da Avenida Nosa Señora dos Anxos que vai dende a confluenza coa vía do tren con Rúa o Campo, e á Rúa da Fonte de Trabanca. Dende as 10 e ata as 13 horas as máquinas empregaranse a fondo na limpeza da rúa Xeral Yagüe e as súas travesías, a Rúa Vintecinco e a Travesía Barrio Novo.

9 de xaneiro de 2014 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.