Viaxe de afeccionados para presenciar o derbi lucense entre o Burela e o Azkar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Azkar Lugo FS xunto coas súas peñas organizan a viaxe de afeccionados de cara ao derbi lucense ante o Burela Pescados Rubén deste próximo sábado (18:30 horas – Pavillón Vista Alegre). Os afeccionados que desexen inscribirse á viaxe poderán facelo desde hoxe mesmo e antes das 14:00 horas deste venres nas oficiñas do club (Centro Deportivo Terra).

O bus de peñistas e afeccionados partirá o sábado ás 16:00 horas desde o Centro Deportivo Terra e tralo encontro regresará á capital lucense. A viaxe en autocar é gratuita e a entrada para o partido correrá por conta do afeccionado.

Prezos entradas:
Adultos: 12 €.
Xuvenil (14 a 17 anos): 5 €.
Nenos (menores de 14): 3 €.

NOTAS:
– A viaxe só se realizará en caso de chegar ao número mínimo de afeccionados establecido.
– Os afeccionados que se apunten á viaxe organizada e desexen adquirir a súa entrada para o partido, poderán retirala mañá xoves dende primeira hora da tarde nas oficiñas do club.

Para máis información: 982 209 639 ou abonado@pronelugoad.com

8 de xaneiro de 2014 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.