Viaxe a neve conxunta entre Vila de Cruces, Boqueixón e Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixónVedraVila de Cruces
A-
A+

O Concello de Vila de Cruces, conxuntamente cos concellos de Boqueixón e Vedra, organiza unha viaxe á neve á estación de San Isidro, en León.

Será os días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro de 2014.

Pasaranse 2 noites en apartamentos a pé de pista, tendo incluído o almorzo e a cea. O xantar é nas pistas a conta de cada un. O que está incluído tamén son 2 días de Fortfait e o transporte e os desprazamentos ás pistas.

Os prezos varían segundo o que se seleccione. Así temos:

Sen aluguer de material e sen clases: 110 €.
Con aluguer de material e sen clases: 125 €
Sen aluguer de material e con clases: 125 €
Con todo incluído*: 140 €
Snow con material e sen clases: 135 €
Snow todo incluído*: 150 €

* O todo incluído componse de clases de 2 horas os días 1 e 2 e de equipos de esquí ou snow os 2 días.

Terán prioridade as persoas de 18 a 35 anos; e o non empadroados no concello terán un incremento de 25 € no custo total.

O prazo para anotarse termina o día 20 de xaneiro de 2014 e hai un número de prazas limitadas.

Para máis información dirixirse ao Concello de Vila de Cruces ou ao número de teléfono 986582017.

20 de xaneiro de 2014 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.