Unhas 127.000 persoas participaron nas 2.500 actividades socioculturais dos centros cívicos coruñeses en 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Servizos Sociais que dirixe Miguel Lorenzo, informa de que ao longo de 2013 un total de 127.191 persoas participaron no programa de actividades socioculturais que se desenvolveu nos centros cívicos municipais.

A Concellaría de Servizos Sociais destaca que o pasado ano deseñouse unha programación pensada para todos os veciños e que incluía desde actividades de carácter lúdico e educativo a actividades físicas e para o desenvolvemento de hábitos saudables. Ademais prestouse especial atención a tratar de favorecer a participación cidadá, a convivencia intergeneracional e a garantir a igualdade de oportunidades. En total, programáronse 2.466 actividades.

Un dos obxectivos principais é conseguir facer dos centros cívicos unlugar para o encontro e a convivencia de veciños de todas as idades, algo que se conseguiu en 2013 cunha importanteparticipación de todos os tramos de idade. Deste xeito, realizaron algunha das actividades 12.770 nenos e nenas, 1.352 mozas e 33.443 maiores. As 79.626 persoas restantes participaron en actividades intergeneracionales.

Para favorecer e garantir o acceso de todos os cidadáns a esta programación dos centros cívicos, un total de 904 prazas foron de apoio e promoción social. A área de Servizos Sociais investiu970.000 euros nesta programación que se suman aos 700.000 euros destinados, o pasado ano,ao programa de mellora e acondicionamento de centros cívicos municipais 2013-2015.

As actividades socioculturais deste ano 2014 comezarán mañá luns, 27 de xaneiro, e ofrecerán 25.000 horas de programación co obxectivo de cubrir a demanda de lecer dos veciños, de promover a participación cidadá e mesmo de dinamizar e fortalecer o tecido social. Investirase 1 millón de euros.

 

26 de xaneiro de 2014 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.