Unhas 126 toneladas de roupa e calzado usado recolléronse durante o pasado ano en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol, a través da organización Humana Fundación Pueblo para Pueblo, recolleu 126.560 quilogramos de roupa e calzado usado ao longo do ano 2013. Esta recollida selectiva é unha ferramenta eficaz de xestión de refugallos, proba disto é que o téxtil que os ferroláns depositaron nos puntos habilitados para a recolección evitaron a emisión de 401 toneladas de dióxido de carbono á atmosfera.

A Fundación xestiona a recollida de roupa usada no municipio ferrolán a través dunha rede de 19 contedores instalados en lugares de fácil acceso. Esta reciclaxe téxtil contribúe á protección do medio ambiente ao reducir en partes os residuos que xera a cidadanía, outorgando unha segunda vida a unha roupa que doutro xeito iría para ao vertedoiro para ser incinerada.

30 de xaneiro de 2014 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.