Unha vintena de alumnos de Ribadavia reciben formación sobre os destilados galegos con contraetiqueta

Alumnos de Ribadavia na charla
Un total de 20 alumnos do Ciclo Medio de Aceite de Oliva e Viños do Instituto de Educación Secundaria O Ribeiro de Ribadavia tiveron a oportunidade de profundar no seu coñecemento dos destilados tradicionais galegos a través do seminario que a secretaria do Consello Regulador Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia impartiulles nas súas instalacións.
As características que diferenzas a estas augardentes e licores, a súa forma adecuada de servizo e consumo e a necesidade de que como futuros prescriptores e consumidores aposten por un produto con sinal de calidade foron algúns dos puntos que se abordaron na xornada de formación ofrecida polo CRIIGG. A súa secretaria, Carmen Otero, insiste en que a formación ha de seguir sendo un dos alicerces fundamentais nos que se sustenta o traballo deste Consello Regulador, sobre todo nunha provincia como Ourense cunha longa tradición na elaboración destes destilados e que, con todo, apenas conta con adegas e destiladadores inscritos no Consello Regulador.
A xornada de formación concluíu cunha cata comentada que incluíu a degustación de augardente de bagazo de albariño, augardente de bagazo de godello, augardente de herbas, licor de herbas e licor café, cata que serviu para que os alumnos puidesen resolver dúbidas como as diferenzas entre augardentes e licores, as diferentes formas de destilación admitidas ou como se elaboran os licores de herbas ou de café.











