Unha persoa resulta ferida nun atropelo en Santiago
Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste venres na cidade de Santiago de Compostela ao ser atropelada.
Segundo os datos facilitados polo 112, sobre as 9.23 horas tivo lugar un atropelo á altura da parada de taxi da Estación de Autobuses de Santiago.
Foron mobilizados a Policía Local e o 061, que desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que trasladou á persoa ferida ao Hospital La Rosaleda.











