Unha persoa precisou asistencia sanitaria tras caer por un desnivel co vehículo que conducía en Fene
Unha persoa tivo que ser trasladada este martes a un centro médico despois de caer co vehículo que conducía por un desnivel e ir parar ao patio dunha vivenda en Fene.
Segundo informa o 112, o único ocupante do turismo saíu do mesmo polos seus propios medios, polo que non precisou medios de rescate. No entanto, o GES de Mugardos confirmou ao centro de atención ás emerxencias que a persoa si recibiu asistencia sanitaria.
O suceso ocorreu na AC-133, no lugar de Maniños, en Fene, sobre as 14,40 horas, cando un particular alertou ao 112, que pediu a colaboración da Garda Civil de Tráfico, GES de Mugardos e Protección Civil de Fene.











