Un peón que foi atropelado en Celanova precisou traslado en helicóptero
Un peón resultou ferido este mércores na localidade ourensá de Celanova e foi trasladado no helicóptero medicalizado, con base en Ourense.
Segundo o último parte da Central de Emerxencias 112, a alerta foi recibida ás 17,00 horas, despois de que un vehículo arroiase ao peón na avenida López Branco.
Foron alertados a Policía Local e Protección Civil, mentres que Urxencias Médicas-061 xa tiña constancia do suceso.