Un milleiro de persoas achegaronse ata Fimo a gozar de “Ocio Nadal”
OCIO NADAL pechará esta xornada co número máximo de afluencia dos 14 días que leva de celebración. En total foron un milleiro de persoas os que se achegaron esta tarde ao noso Recinto Feiral de Punta Arnela.
ACTIVIDADES
Zonas de práctica deportiva; pista de karts de pedais e de bádminton, Casa dos Simpson, Dragón, Saltamontes, Tirachinas, Simuladores, Tigre, touro mecánico, tirolina de 100n de longo, inchables, camas elásticas, toritos, Póneis , Baby, Scalextric… garanten estes días en FIMO unha perfecta ocupación do tempo de Lecer para a mocidade Ferrolá. Todo isto nos pavillóns 1, 2 e 3, abonando unha única entrada (5€ menores, 2€ adultos), que dá libre acceso a todas as atraccións. Contamos tamén nestes pavillóns con servizo de cafetaría, pastelaría, burguer e bocatería, mazás de chocolate, algodón de azucre, cervecería… para poder facer un descanso sen ter que saír ao exterior.
Ou quen prefira só conducir un Kart, terá que que dirixirse pavillón 5 pagando unicamente o uso do vehículo. Tamén dispoñen neste pavillón de bonos desconto, e os prezos oscilan segundo a idade do piloto ó a cilindrada do vehículo. (125cc 200cc ó 270cc).
Parte moi importante de OCIO NADAL é o fomento dos talleres creativos.
Os máis pequenos da casa poden desenvolver as súas habilidades plásticas e culinarias, podendo facer as súas propias creacións ou ben siguendo as pautas dos monitores que prepararon para eles cupkcakes, galletas fondant, adornos do Nadal, postais, bonecos, coroas, caracterizaciones, sombras e un longo etcétera.
A nosa prioridade desde os nosos comezos, é a de ofrecer ao público un conxunto de actividades que permitan gozar das vacacións dunha forma saudable, creativa, lúdica e en familia.
Todo en OCIO NADAL está pensado para garantir a diversión dos seus visitantes e á vista dos resultados estamos a conseguir o obxectivo.
O salón continuará abrindo todas as tardes de 16:30 a 21:00 até o vindeiro domingo 12 de Xaneiro incluído.











