Últimos días para inscribirse no curso de graduado en ESO en Nigrán
Tras o éxito de anteriores edición, o Concello de Nigrán ofrece un novo curso para a obtención do graduado en ESO, que se celebrará nas instalacións do Centro Antena desde o 16 de xaneiro, en horario de 16.00 a 20.00 horas. Os interesados en realizalo aínda poden inscribirse no CIM, na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola Vía, número 65, no teléfono 986 383 081 ou a través do correo electrónico cim@nigran.org.











