Últimos días para inscribirse en Cerdido na campaña de esquí da Deputación
O concello de Cerdido ten aberto o prazo de inscrición para participar na campaña de esquí da Deputación da Coruña. O programa vai dirixido a rapaces e rapazas nados nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003. Os participantes pasarán a fin de semana do 14 ao 16 de febreiro na estación de León. As persoas interesadas deberán inscribirse antes do 30 de xaneiro nas oficinas municipais. O concello conta con tres prazas, que en caso de ser superadas polas solicitudes adxudicaranse por sorteo público. As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas municipais.