Último partido da primeira volta do Mecalia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportes
A-
A+

Sábado 25 ás 19,00 horas no Pavillón Municipal de Can Vinader en Castelldefels, o Mecalia finaliza a primeira volta coa intención de consolidar o seu terceiro posto na clasificación.

O persoal ao completo salgue o día 24 ao mediodía en autobús, con todas as xogadoras en condicións para xogar.

O Castelldefels ocupa a penúltima posición da táboa, pero o xogo despregado polo Guardés neste último partido, non é garantía de que poida obter os dous puntos con solvencia.

Esperemos que melloren sensiblemente as sensacións do equipo e volvamos ao ritmo de competición que exhibiamos en novembro, sobre todo si temos en conta que o seguinte sábado día 2 de Febreiro, o Mecalia desprázase a San Sebastián para enfrontarse, nin máis nin menos que ao Bera-Bera, líder indiscutible e que soamente cedeu un partido polo momento.

VIAXE A SAN SEBASTIAN

Está a organizarse unha viaxe a San Sebastián para presenciar o Bera-Bera- Mecalia. Sairíase o sábado, día 2, de madrugada para regresar o domingo tarde, con aloxamento incluído.

Os interesados deben dirixirse á directiva do Club.

24 de xaneiro de 2014 | 10:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.