Triunfo da Selección Galega Absoluta na festa do Club Balonmán Cisne

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Cisne, 19: Juan Novas, Rafael Gestido, David López (1), Iván Abilleira (3), Daniel Puente, Alexandre Chan (1), Pablo Rey (3), Andrés Sánchez (1), Rafael Dasilva (3), Pablo Picallo (2), Eduardo Alonso, Javier Vázquez (1), Carlos Rodríguez (1), Eduardo Domínguez (2), Iago González e Sergio Doval (1). Galicia, 34: Javi Díaz, Rodrigo Corrales, Toño Fernández (6), Carlos García (3), David García (2), Alberto Casares (3), Daniel Hernández(2), Serafín Pousada (2), Ramón Martínez (3), Suso Soliño (3), Víctor Rodríguez (2), Adrián Rosales 2), Diego Piñeiro (3) e Dani Cerqueira (3). Árbitros: Vanesa Pérez e Marcos Pérez (Colexio galego). Excluíron a Pablo Rey, Eduardo Domínguez (Cisne) e Serafín Pousada, Víctor Rodríguez, Adrián Rosales e Dani Cerqueira, por Galicia. Parciais: 1-4, 3-6, 5-9, 5-12, 6-16, 7-21 (descanso), 8-24, 12-26, 15-28, 15-30, 17-31, 19-34 (final). Incidencias: Memorial “Manuel Luaces”, que nesta oportunidade conta coa presenza da selección galega para conmemorar o cincuenta aniversario do Club Balonmán Cisne. Cheo no Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Ao remate do partido, a Federación Galega de Balonmán entrega ao Cisne un trofeo conmemorativo polo seu 50 aniversario. Ademais, o Cisne entregou unha placa ao pai de Manuel Luaces, no 20 edición do seu memorial. CRÓNICA: A selección galega absoluta logrou un cómodo triunfo contra o Club Balonmán Cisne nun partido que era unha festa para celebrar as vodas de ouro do club pontevedrés. Nesta oportunidade o de menos era o resultado, o importante era a celebración e a ledicia de ver as gradas cheas.

Galicia presentaba ante o Cisne un potente equipo, con moitos xogadores de Asobal, e iso quedou reflectido na cancha e no resultado. Despois duns minutos axustados (2-3, min. 5), Galicia foi abrindo pouco a pouco distancias no marcador (5-9, min. 15). O conxunto pontevedrés tiña serios problemas para superar a férrea defensa galega e so atopaba solucións nos extremos. Así, con 5-12 no marcador (min. 18), o técnico do Cisne, Covelo, pediu tempo morto para intentar atopar solucións. Pola súa banda, o seleccionador galego, Víctor García “Pillo”, cambiou en bloque a todo equipo, sen que cambiase a tónica do partido.

Nos minutos finais da primeira metade, o técnico local deu descanso aos pesos pesados do seu equipo (Dasilva, Gestido e David López) e aquí rematou o encontro. Demasiado sinxelo para Galicia, que logrou un parcial de 0-7 nos últimos cinco minutos e sentenciou antes do descanso (7-21). Tralo descanso, o Cisne volveu a saír ao parqué cos mellores para intentar plantar cara ao potente conxunto galego. E despois duns primeiros minutos axustados, o equipo pontevedrés logrou un parcial de 4-1 aproveitando o relax dos xogadores de Pillo (12-26, min. 10). Así, mediada a segunda parte Pillo repetiu o cambio en bloque que fixera na primeira metade, para que todos os xogadores tiveran protagonismo. E durante uns minutos nada cambiou, grazas as espectaculares paradas realizadas de Corrales e Iago González, que impediron que se movera o marcador durante varios minutos. Ao final, cómodo triunfo de Galicia (19-34), nunha xornada na que o vencedor foi o Club Balonmán Cisne -no ano das súas vodas de ouro- e o balonmán galego por contar con institucións xa tan consolidadas na sociedade.

4 de xaneiro de 2014 | 22:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.