Tres candidaturas ao Cidade de Pontevedra que aínda mantén aberto o prazo de presentación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra mantén aberto o prazo para a presentación de candidaturas para o premio Cidade de Pontevedra. Será até o vindeiro 7 de xaneiro (incluído). As persoas ou entidades interesadas en presentar candidaturas poden dispor das bases tanto no Rexistro xeral do Concello como no taboleiro de anuncios. Até o de agora a as candidatas presentadas foron as seguintes:

• O palista Óscar Graña Blanco, presentado pola Federación Galega de Piragüismo. (Modalidade persoa física).

• O avogado Javier Munáiz Puig, presentado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, delegación de Pontevedra. (Modalidade persoa física).

• Club Cisne de Balonmano Pontevedra, proposto pola Sociedade Ximnástica de Pontevedra. (Modalidade persoa xurídica).

2 de xaneiro de 2014 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.