Tras varias reunións con Asicasa acórdanse varios cambios que mellorarán a mobilidade en Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, acordou este mediodía coa empresa concesionaria da liña de transporte metropolitano, Asicasa, unha serie de modificacións que asegura mellorarán a mobilidade de todas as parroquias cambresas.

CIRCULAR

Respecto dos cambios acordados por ambas as partes destaca a nova ruta do Circular 176 (Cambre-Pravio- Cecebre-P.I. Espírito Santo-Cambre), neste caso a nova ruta programada pasará pola Mota ao seu paso pola parroquia de Cecebre e alcanzará a N-VIN tras pasar polo Polígono Industrial de Espírito Santo, reivindicacións históricas que se farán realidade. Ambas as propostas deben agora ser avaladas pola Dirección Xeral de Mobilidade. Así mesmo, o primeiro autocar desta ruta adiantará a súa saída ás 7.05 horas e terá unha frecuencia de dúas horas co obxectivo de dar mellor cobertura ao horario matutino de traballo.

Doutra banda, a liña circular 177 (Cambre-San Lorenzo-Meixigo-Sat María de Vigo-Peirayo-Lema-Cela –Cambre) manterá a súa saída desde o centro do municipio ás 7.45 horas e terá unha frecuencia de dúas horas.

E a liña 175 (Cambre-Estación-Vos Campóns-Cabana-Anceis Gosende-Mercurín-Andeiro-Cambre) modificará a súa saída ás 8.25 horas xa que por esa zona pasa un primeiro autobús ás 7.15 (179) cara ao Burgo e outro ás 10.15 cara ao CHUAC directo.

Con respecto á liña 178 (A Coruña-O Burgo-Barcala-Cambre) que mantén a súa frecuencia cada media hora, acordouse que tres dos autobuses desta liña cheguen até Lema, en concreto sairán de Lema ás 6.55 horas, 14.55 horas e 21.00 horas, por tanto sairán desde A Coruña cara a Lema media hora antes co obxectivo que os veciños desta parroquia poidan acceder de forma máis cómoda ao seu posto de traballo ou ao hospital e centro de saúde.

Así mesmo, a liña 179 (O Burgo-A Cabana) adiantará a saída do primeiro autobús da mañá ás 7.15 horas para que os veciños de Sigrás poidan facer transbordo gratuíto no Burgo e acceder antes aos seus postos de traballo.

Hai que lembrar que a liña 184 (Carral- A Coruña) aumentará até  6 os  autobuses que pasaban por Santa María de Vigo directo cara á Coruña e que o primeiro deles será ás 7.00 horas.

O alcalde sostén que seguirá apostando polo diálogo para lograr máis melloras no transporte metropolitano, pero insiste en que con estas medidas mellorouse moito a mobilidade.

Agora chegará a zonas nas que se deixou hai anos de prestar o servizo, como A Mota, ademais chegarase á N-VIN, o que implica abrir aínda máis o abanico de transbordos e melloráronse os horarios de primeira hora da mañá que era o que máis me preocupaba. O meu principal temor era que os veciños non chegasen aos seus postos de traballo, creo que agora o farán con maior tranquilidade, no entanto estou aberto a calquera suxestión dos meus veciños”, apuntou.

Sinala a boa disposición da empresa á hora de recoller a maioría das súas propostas e unicamente quedou un punto pendente encima da mesa, os servizos de transporte metropolitano durante os fins de semana. A empresa comprometeuse a enviar un informe ao concello sobre o número de usuarios que utilizaban ese servizo durante os fins de semana na liña 179  (A Coruña-St María de Vigo).

 

22 de xaneiro de 2014 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.