Terceira e cuarta proba do trofeo de Regularidade
Nova xornada caracterizada pola choiva, a escasa visibilidade e a falta de vento. Afortunadamente á hora prevista para a saída entro unha débil brisa do Oeste que permitiu montar un Barlovento-Sotavento e realizar as dúas probas progamadas.
A primeira quedo marcada porque houbo 5 barcos fóra de liña ,por culpa en parte dunha forte corrente e por outra parte estar moi favorecida a saída polo xurado, entre os barcos que tiveron que volver tomar a saída estaban o Ceibe de Martin Bermudez, o Xacarandaina de Diego Lopez, o Lieiro de F.Tajueloy o Kalmachicha de Porcel.Isto permitiu ao Sapoconcho de Rilo, tomar unha gran vantaxe que soubo administrar ao longo da proba, aínda que se lle achego bastante o Ceibe ,sendo finalmente terceiro o Kalmachicha que na ultima popa cunha gran remontada supero ao Xacarandaina que marchaba terceiro, e sendo 5º o Lieiro.
Na segunda proba do dia, volve estar moi favorecida a saída polo xurado pero esta vez os barcos afinan mais e non hai foses de liña saíndo en primeiro lugar o Xacarandaina , pero a metade da primeira cinguida é pasado polo Lieiro que monta primeiro barlovento seguido polo Xacarandaina e o Ceibe.Na popa o Ceibe alcanza e pasa ao Xacarandaina e entra en abóiaa de sotavento pegado ao Lieiro. Na segunda cinguida mantéñense as posicións, e en ultímaa popa o Xacarandaina elixe o bordo contrario aos dous primeiros, conseguindo pasalos, montando en sotavento primeiro , seguido do Lieiro e o Ceibe.Enla ultima cinguida o Lieiro achégase moito ao Xacarandaina que ten que apurar a marcaxe ao máximo conseguindo finalmente ser primeiro seguido do Lieiro e do Ceibe.
Resultados 1ª proba
1º.- Sapoconcho Jose Rilo-Elena Fernandez
2º.-Ceibe Martin Bermudez-Carmen Mateo
3º.-Kalmachicha Jaime Porcel-Ignacio Allegue
4º.-Xacarandaina Diego Lopez-Pablo Fernanadez
5º.-Lieiro F.Tajuelo-Iria Lopez
2ª proba
1º.-Xacarandaina
2º.-Lieiro
3º.-Ceibe
4º.-Sapòconcho
5º.-Kalmachicha
Xeral despois de 4 probas
1º Ceibe
2ºLieiro
3º Xacarandaina
4º Sapoconcho
5º Kalmachicha











