Talleres de tapicería e encadernación caseira en Poio
Como tampouco está de máis o tempo de lecer, para @s amantes das manualidades, a concellería que representa Gregorio Agís, a través da OMIX, organiza estes dous cursos que tamén teñen a finalidade de ensinar as técnicas básicas, en ámbolos dous casos, para aplicalas no fogar e poder aforrar á hora de facer algún arranxo ou creación.
– TAPICERÍA se impartirá na Casa dos Guardeses, en Besada, os venres de 10.00 a 12.00 ou de 17.00 a 19.00 h, durante 3 meses, cun coste de 20€/mes.
– ENCADERNACIÓN CASEIRA sería tamén na finca de Besada os martes de 9.30 a 13.30 h ou de 16.30 a 20.30 h, cun coste de 30€/mes
As persoas interesadas poden chamar ao tfno.:986872401 ou pasarse pola OMIX para facer a reserva de praza.











