Taller de “trapilho” en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

PLASTISÁBADOS-TRAPIHLO

Maná, ás 10.oo h na Casa da Mocidade, en Besada, vaise impartir o taller de trapihlo que da o pistoletazo de saída ao programa “Plastisábados”, neste primeiro trimestre do ano.O taller se desenvolverá de 10.00 a 13.30 h e a monitora que o vai a conducir vai ser Pilar Campos.

CURSO DE INICIACIÓN AO RETOQUE DIXITAL

A concellaría de Xuventude-OMIX organiza para o sábado 8 de febreiro un curso intensivo de 10 horas de duración, de iniciación ao retoque dixital.O horario do curso vai ser de 9.00 a 14.00  pola mañá e de 16.00 a 21.00 h pola tarde .Según palabras do monitor, José Chazo, o que se pretende co mesmo e aprender a darlles vida ás fotografías dixitais xa que son bastante neutras, aprender a correxir a cor ao noso antollo e asemade, pequenas técnicas para mellorar as tomas.

Ten un coste de 50euros o curso completo e ainda quedan prazas dispoñibles.

CURSO DE MONIT@R DE LUDOTECAS

Mañá, tanto en horario de mañá coma de tarde, o alumnado dos cursos de monit@r de ludoteca terán a segunda sesión de formación, neste caso adicadas ao maquillaxe de fantasía pola mañá e á globoflexia pola tarde.

A biblioteca de Besada estará con ambiente dende as 10.00 ata as 13.30 h e dende as 17.00 ata as 20.30 h.

24 de xaneiro de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.