Suspensión programada do abastecemento de auga nas rúas monfortinas de Benito Vicetto e Eduardo Pondal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Servizos Municipais informa que, debido á realización de traballos de mantemento na rede de abastecemento, mañá martes día 28 de xaneiro suspenderase temporalmente a subministración de auga nas rúas Benito Vicetto e Eduardo Pondal.

O tramo de Benito Vicetto afectado por esta suspensión programada será o comprendido entre as interseccións coas rúas Valle Inclán e Malvarón, mentres que a rúa Eduardo Pondal quedará se subministro no seu tramo inicial, ata o cruzamento coa rúa Blanco Amor

A suspensión da subministración de auga prolongarase dende as 9:30 ata as 16:00 horas, agás imprevistos, momento a partir do cal se recuperará progresivamente a normalidade no abastecemento.

Dende a concellería de Servizos Municipais aconséllase á cidadanía que procuren que ningún grifo quede aberto para evitar posibles perdas innecesarias de auga, así como incidencias nas instalacións interiores, durante o restablecemento do servizo. Durante este periodo de tempo aconséllase non utilizar electrodomésticos como lavadoras ou lavalouzas.

Estes traballos programados consisten no cambio de válvulas na rede de subministro e están orientados a mellorar a rede de abastecemento.

O Concello agradece a comprensión dos veciños e pídelle desculpas polas molestias que puidera ocasionar esta intervención.

27 de xaneiro de 2014 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.