Suspendese o amigable entre Mecalia Guardés e Porriño polas malas condicións do campo
Aos poucos minutos de comezar, unha serie de resbalones das xogadoras aconsellaron a suspensión do encontro para evitar posibles lesións.
A humidade ambiental propiciou a condensación sobre a cancha, o que a converteu nunha pista de patinaxe.
Ao non dispor o pavillón da Sangriña de ningún tipo de dispositivo para paliar esta circunstancia, que se dá con relativa frecuencia, o partido non puido ser renovado, o que tivo unha importancia relativa, pero e si chega a ser un partido de liga, cun rival que se desprazou até aquí?. Creo que conviría que alguén tratase de ver unha solución ao problema, pois creo que existen moitas e variadas.











