Suspéndense polo temporal as actividades ao aire libre na Coruña
O Concello da Coruña informa de que suspendeu todas as actividades deportivas previstas ao aire libre con motivo do temporal e pechouse o acceso ás praias. Debido aos ventos costeiros, a Concellaría de Medio Ambiente tamén pechou os espazos verdes máis próximos ao litoral: en concreto, son os xardíns de San Amaro, de San Carlos e o xardín das Escravas.











