Soutomaior acolle un concerto da Orquestra Saxos do Conservatorio de Redondela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSoutomaior
A-
A+

A Orquestra de Saxos do conservatorio naceu fai 14 anos froito da inquietude do seu directora Dª Elisa Arias.

Desde o principio esta composta por alumnos e alumnas da área de saxofón que cursan os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de Redondela.

Deste xeito xuntando a todos os alumnos, independentemente das súas idades, o grupo fórmase con mozos de entre 8 e 27 anos de idade, converténdose nunha formación orixinal, tanto na súa composición como no seu espírito formativo e didáctico,

A Orquestra realizou numerosos concertos e actuacións en toda a xeografía galega, ampliándose mais tarde ao ámbito nacional e internacional.

O repertorio abarca todos os estilos musicais e autores, desde os grandes clásicos até os compositores de obras creadas especialmente para a orquestra de saxos, pasando naturalmente pola música popular.

O concerto terá lugar o domingo 19 de xaneiro á 18,00 horas no Multiusos de Arcade

17 de xaneiro de 2014 | 10:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.