Sorteo de premios da Gymkhana de Fecimo “Exploradores do Morrazo”

Gañador da tablet
Onte á tarde tivo lugar en Moaña o primeiro dos sorteos de premios da Gymkhana “Exploradores do Morrazo”, organizada polas empresas asociadas do Morrazo para os nenos entre 4 e 14 anos. O mal tempo fixo que as actividades de animación e o sorteo se celebrasen no recinto multiusos da primeira planta da Praza de Abastos, cun éxito de público. Os nenos disfrutaron dos xogos e obradoiros a cargo dun grupo de animación que rematou o espectáculo facendo bailar a cativos e maiores. Na vila de Moaña o gañador do primeiro premio, unha TABLET, foi Markel Márquez Otazo, de 8 anos. Por estar presente no sorteo foi agasallado tamén cun enorme cucurucho de chuches. O segundo premio, unha gran CESTA DE NADAL infantil, foi para Enma Gayo Marcos, de 10 anos. Adxuntamos fotografías dos gañadores. Esta tarde celebrarase o sorteo de premios e as actividades en Cangas, ás 17:00h na Alameda Vella. Mañá sábado será o turno de Bueu, onde se realizará a partir das 11:00h da mañá na Praza do Concello (se o tempo non o permite, as actividades serán desprazadas á Sala Amalia Domínguez Búa ou ao Centro Social do Mar, informarase no mesmo día).











