“Sobre o desamor e outras mariconadas” no Pazo da Cultura de Narón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNarón
A-
A+

Esta é unha viaxe chea de tobogáns vertixinosos con caídas libres e voos acrobáticos para describir unha experiencia tan sinuosa coma maravillosa: o amor-desamor.

Esta é unha proposta especial, distinta, mimada e coidada ata o seu último detalle, onde a través da voz a micro pegado e o carácter apaixonado do actor-creador Ricardo de Barreiro (Celda 211, Matalobos, Los girasoles ciegos, Doctor Mateo, After, 18 comidas, Encallados, ou Somos gente  honrada), e a sensibilidade e serenidade do músico-compositor Guillerme Fernández (Berrogüetto, Espido, aCadaCanto, Tres peixes voando), viaxamos por un planeta repleto de sensacións e emocións con cores vivas e ritmos pausados, serenos.

Esta é unha proposta poético-musical para cicatrizar as feridas do mundo que nos toca vivir, para polinizarnos emocionalmente os uns cos outros e sentirnos máis comprendidos, máis fortes. Non é recital. Non é teatro, Non é concerto. Pero tén aromas das tres cousas.

DATA: Xoves, 30 de xaneiro de 2014

LUGAR: Café Teatro do Pazo da Cultura

HORA: 20:30                                                   

COMPAÑÍA: VIRISCRÓN                                                                                                      

ESPECTÁCULO: Sobre o desamor e outras mariconadas

DURACIÓN 1 hora

PÚBLICO: Maiores de 14 anos

PREZO: 9,50 € – Abonados: 6,65 € – Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos): 5,50 €

28 de xaneiro de 2014 | 11:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.