Sigüeiro acolle un curso formativo para converterse en xuíz oficial de Triatlón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOroso
A-
A+

O Concello de Oroso colabora coa Federación Galega de Triatlón na organización dun curso oficial de Nivel II de triatlón, dirixido a todos aqueles que desexen iniciarse na arbitraxe deste deporte en Galicia. O curso terá lugar en Sigüeiro o sábado 16 de febreiro.

Os interesados en participar deben dirixirse á Federación Galega de Triatlón antes do 11 de febreiro de 2013 a través do mail fegatri@hotmail.com ou do teléfono 982 251 345. O custe do curso é de 15 euros e inclúe tamén unha parte práctica, que se fará de acordo á normativa da Federación Española de Tríatlon.

9 de xaneiro de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.