Save the Salamanders repulsa a construción dun polígono no Monte Pituco en Marín
A organización Save The Salamanders, fundada e dirixida polo naturalista canadense Matt Ellerbeck, vén de emprender unha campaña de mensaxes dirixidas ao Concello de Marín para demandarlle ao Goberno local que non se constrúa ningún polígono industrial no Monte Pituco (ou Pornedo), tal e como proxecta o planeamento urbanístico ao clasificar esta zona como solo urbanizable. O motivo desta reclamación é que a instalación dun parque empresarial nese emprazamento aféctalle directamente a unha colonia de saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica) que habita nun regato do Monte Pituco. Trátase dunha especie catalogada como ameazada e vulnerable, polo que a destrucción do seu hábitat natural -con augas de gran pureza- conlevaría a desaparición desta especie.











