Sara Casasnovas representará en Lugo a obra de teatro ‘Paradero desconocido’
A actriz ourensana Sara Casasnovas representará este venres, día 3 de xaneiro, no Auditorio Gustavo Freire (Lugo), ás 20,30 horas, a obra de teatro ‘Paradero desconocido’.
Nun comunicado, a compañía explicou que a obra narra a historia dun xudeu estadounidense residente en California e un alemán de Munich que son amigos e socios no mercado da arte. Os tres personaxes e unha pianista narran varios acontecementos históricos, entre os que se atopa a ascensión de Hitler ao poder.
A obra de teatro xorde da novela co mesmo título ‘Paradoiro descoñecido’ que estivo na sombra ata que en 1995 Story Press a reeditou, momento que coincidía coa conmemoración do 50 aniversario da liberación dos presos dos campos de concentración nazi.
A repartición conta tamén coa participacións de actores como Juanjo Artero (‘El barco’), Juanjo Cucalón (‘Los Serrano), e a pianista Rosa Branco Campos.
Esta obra, que está de xira por España, foi distinguida no Festival de Teatro de Palencia cos premios a Mellor Dirección -Laila Ripoll- Mejor actor -Juanjo Artero- e Mellor Escenografía -Andrea D ‘Odorico-.
Sara Casasnovas (Ourense, 1984) participou en producións como ‘Hospital Central’ ou ‘Amar en tiempos revueltos’, así como en obras de teatro como ‘Electra’, de Benito Pérez Galdós.











